Bases da participación no sorteo do Arteixo CCA “Agasalla pequeno comercio no Arteixo CCA”

BASES


1. ORGANIZA

1.1. Arteixo Centro Comercial Aberto, con CIF G15700818 (en adiante, Arteixo CCA ou a organización).


2. OBXECTO DO SORTEO

2.1. A partires da compra de máis de 10€ en 3 establecementos do Arteixo CCA durante período comprendido entre o 13 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024 os clientes poderán participar no sorteo que organiza o Arteixo CCA a través da páxina www.nadalenarteixo.com e optar aos premios do mesmo.


3. PREMIOS

3.1. Os premios serán 3 voos en avioneta pola Costa da Morte, con saída dende o Aeródromo de Castriz, Santa Comba, para os 7 competidores con máis puntuación, 2 premios de 300€, 2 de 150€. Ademais, 6 premios de 50€ a sortear entre todos os participantes. Todos os premios serán en vales de compra.

3.2. O voo realizarase nunha data a determinar segundo as condicións atmosféricas, o sábado 20 de abril. Os organizadores poranse en contacto cos premiados para indicar o horario de saída. O transporte ata Santa Comba correrá a cargo do Arteixo CCA segundo a entidade organice. Se algún dos premiados non pode gozar do premio na data prevista e no horario que marquen os responsables do Arteixo CCA, poderá cederllo a quen considere. A data da experiencia pode verse condicionada polas condicións meteorolóxicas. En tal caso, informarase aos premiados da nova data de celebración.

3.3. Os vales de compra poderanse canxear nos establecementos asociados ao Arteixo CCA ata o 31 de maio de 2024. Entregaranse en vales de 5€ para facilitar o seu uso, pero só se poderán realizar compras por importe superior ao total dos vales que se pretenda utilizar en cada transacción. Nunca se poderán intercambiar por cartos nin recibir voltas.

3.4. Cada persoa poderá optar como máximo a un premio: 1 voo en avioneta, 1 vale de compra de 300€, un vale de compra de 150€ ou un vale de compra de 50€. En ningún caso poderá cambiar un premio por outro.


4. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN.

4.1. Só poderán participar nesta campaña persoas de 16 ou máis anos, na data 13 de decembro de 2023. Os e as menores de idade só poderán desfrutar do premio con autorización dalgún dos seus pais ou titores legais.

4.2. Os e as propietarias ou empregados de establecementos asociados ao Arteixo CCA, as súas parellas, e os seus ascendentes ou descendentes, non poderán participar na campaña rexistrando tickets dos seus propios establecementos.


5. MODO DE PARTICIPACIÓN

5.1. A actividade desenvolverase na páxina web www.nadalenarteixo.com, onde os e as participantes deben rexistrarse e subir os seus tickets de compra. Os datos do rexistro deberán ser verídicos para poder localizalos e confirmar a súa identidade no caso de resultar premiados. Deberán rexistrarse polo menos 3 tickets de distintos establecementos asociados ao Arteixo CCA para poder optar a calquera dos premios.

5.2. O ticket de compra debe ser un ticket válido segundo a lexislación vixente emitido entre os días 13 de decembro de 2023 e 5 de xaneiro de 2024. Cada ticket só poderá estar asociado a unha persoa e usuario. A compra mínima para que cada ticket sexa válido na campaña será de 10€. Co fin de equilibrar as compras entre os distintos establecementos asociados, os tickets de máis de 100€, independentemente do seu importe, computarán como tickets de só 100€.

5.4. Os e as participantes rexistrarán os tickets na plataforma, e o persoal do Arteixo CCA revisará, contabilizará os tickets e actualizará a web nun prazo menor a 48h ou dous días laborables. Asignarase unha puntuación con números enteiros que será a correspondende ao total do ticket, sen contar os céntimos.

5.5. O día 6 de xaneiro ás 00.00h pecharase o rexistro. Se por calquera motivo se rexistraran tickets máis tarde desa hora, non serán contabilizados. O día 8 de xaneiro ás 12h da mañá actualizarase a web co resultado final adxudicando automaticamente os premios aos 5 perfís con máis puntos.

5.6 Sorteo dos vales de compra entre os participantes: o 9 de xaneiro ás 12h30 farase un sorteo en directo nas redes sociais do Arteixo CCA con todos os perfís participantes na campaña, excepto os gañadores do premio da avioneta.

6. FISCALIZACIÓN DOS PREMIADOS

6.1. Os e as participantes deben gardar os tickets orixinais e presentalos no caso de resultar premiados.

6.2 Se algún dos premiados resulta descualificado, entregaráselle o premio ó seguinte participante da lista.


7. XURADO E A ORGANIZACIÓN

7.1. Constituirase un xurado composto por representantes da organización e a xerencia do Arteixo CCA.

7.2. O xurado e/ou a organización terá as potestades, ademais de:

7.2.1. Descualificación dos participantes que non cumpran os requisitos esixidos, desvirtúen a natureza da campaña ou non cumpran algunha das normas establecidas.

7.3. Os participantes aceptan e acatan expresamente os criterios e instrucións que marquen o xurado e/ou a organización en xeral e respecto de calquera conflito xurdido durante o sorteo, sen que os participantes teñan nada que reclamar ao respecto.

 


8. DESCUALIFICACIÓN

8.1. A organización e/ou o xurado resérvanse o dereito de eliminar a calquera participante do sorteo que non cumpra os requisitos, que atente contra o uso e bos costumes, alugue algunha dúbida sobre a veracidade da promoción, ou se valera de sistemas e/ou programas informáticos para participar e mellorar o resulto no mesmo, alterando o normal desenvolvemento do concurso, ou actúe de forma fraudulenta (por exemplo, cun rexistro inusual de tickets de compras dun determinado establecemento asociado ou a falsificación ou manipulación dos mesmos).

8.2. Así mesmo, quedarán descualificados aqueles participantes que non cumpran as normas establecidas para a participación, e os que se atopen nos demais supostos previstos neste documento para ser invalidados.


9. ACEPTACIÓN DAS BASES

9.1. A participación na promoción supón a aceptación íntegra das bases, a expresa renuncia dos participantes a realizar impugnación algunha sobre as mesmas e ao exercicio de calquera outra acción administrativa ou xudicial que puidese corresponderlles.

9.2. Os participantes e gañadores eximen ao Arteixo CCA, así como ás empresas promotoras e colaboradoras da presente promoción das responsabilidades derivadas de problemas por forza maior ou caso fortuíto, non tendo nada que reclamar contra ningún dos entes antes reseñados.

9.3. Os premiados ceden os seus dereitos de imaxe durante a entrega dos premios e a realización da experiencia en avioneta.

9.4. Para a resolución de calquera dúbida sobre a mecánica, os premios ou o funcionamento da ruleta obxecto da promoción, os usuarios poden contactar co Arteixo CCA a través do correo electrónico cca@ccaarteixo.com ou no teléfono 608549011.

9.5. O Arteixo CCA resérvase o dereito a modificar, ampliar, suspender, restrinxir ou retirar a presente promoción en calquera momento, por razóns xustificadas.


10. DISPOSICIÓN DAS BASES

10.1. Tanto as bases como os detalles descritivos dos premios poderán consultarse no Arteixo CCA (rúa Mestre Mateo nª10, Baixo) ou na páxina ccaarteixo.com


En Arteixo, a 13 de decembro de 2023.